lunes, 1 de abril de 2013

A Verdade sobre o Apalpador FRAUDE





Este vídeo de cámara oculta mostra a VERDADE trás do "Apalpador" unha suposta figura mítica do nadal galego que "apareceu" hai poucos anos da man do Centro Social A Gentalha do Pichel.

Segundo os promotores desa "figura alternativa aos Reis Magos españois" o Apalpador conta con tradición oral nos montes de Galicia, e para probaren iso publicaron hai uns meses este vídeo:


A cámara oculta, gravada mentres eu era socio da Gentalha do Pichel, demostra que os nosos vellos son pagados por dicir o que as A Gentalha do Pichel guionizara antes. É un insulto á nosa memoria. Comencei a rexistrar todo isto pouco despois da primeira reunión na que escoitei como se trataba con total normalidade esta mentira. Teño gardado os vídeos uns meses, dubidando que facer con eles, pero a publicación dunha serie de vídeos "de vellos apoiando" as teses lusistas como o "sistema de feiras" para os días da semana ou o lusismo "greve" para folga ou huelga convenceume de que isto ten que se saber.

Non se pode permitir que enganen así a xente! Axudade a difundir este vídeo!

P.D.: Teño máis vídeos gardados que corroboran esta historia e que irei publicando.


4 comentarios:

  1. 1º A Gentalha do Pichel non é a entidade que saca a luz o Apalpador. Esto tivo difusión nos últimos anos grazas a outra persoa con interese en temas antropoloxicos e con vencellos persoais coa xente do Courel.

    2º Hai máis xente que os da Gentalha do Pichel a investigar sobre este personaxe e outras manifestación da tradición oral e do nadal galego. Coa mesma comento que o nome máis espallado de este personaxe é o de Pandigueiro ou Pandegueiro, sobre todo na provincia de Ourense.

    3º Descubrir, difundir e espallar publicamente unha mala praxe no antropolóxico é algo moi moi moi delicado. Porque? Pois porque neste País noso, por desgraza hai xente con moi mala baba. Tan mala baba que mañá calquera recollida ou descubrimento antropoloxico será posto sistemáticamente en cuestión. Polo tanto, penso eu que hai outras formas de desacreditar e pór no seu sitio a esta xente (sempre supoñendo que isto sexa certo), que poden desacreditalos e deixar as cousas no seu sitio, sen chegar a facerlle dano a todos os que andamos pateando o rural cando podemos, para rescatar oq ue se está a pouco de perder no noso patrimonio.

    Agradeceriache que máis alá de que teñas razón ou non, máis alá do que poidamos pensar, teñas altura de miras e retires este video e esta entrada no teu blog. Se foi así como ti dis, faino saber as xentes que cres que son leais ao País, pois posiblemente xa sexa tarde e isto sexa usado polos que non só podan estar na contra do Apalpador ou do reintegracionismo ou o que sexa, senón contra a cultura galega no seu conxunto.

    ResponderEliminar
  2. hai que felicitar á xentalla do pichel... teñen cartos para pagar aos vellos! xa parecen do PP

    estou agardando con moito interés (e desjana) esos videos que tes e espero nos amoses. Supoño que nalgún deses vídeos verase aos vellos collendo os cartos cando se gravaron as súas aportacións

    ResponderEliminar
  3. Si este conto vai pola celebración do 1º de abril.... foiseche a pinza, pero moito, moito...

    ResponderEliminar
  4. Isto é algumha campanha viral a conta do 1.º de Abril?

    ResponderEliminar